martes, 30 de abril de 2013

Oracións con predicado verbal e nominal

Se te lembras dos 4 verbos que formaban parte do predicado nominal este exercicio serache moi doado.

lunes, 29 de abril de 2013

Predicado verbal e predicado nominal

Neste exercicio deberás distinguir o predicado verbal do predicado nominal. É moi sinxelo, soamente terás que fixarte no verbo.
Se o verbo é un destes: ser, estar, parecer ou semellar; entón o predicado será nominal (no 90% dos casos).
Se é outro verbo diferente aos 4 de arriba, será predicado verbal.
Aquí van dous exemplos:
- Victorino é un alumno brillante. Aquí o predicado sería nominal porque é procede do verbo ser.
- Victorino traballa moito na casa. Aquí o predicado xa será verbal, porque o verbo non é nin ser, estar, parecer, nin semellar.

Obrigatorio: Aprenderse de memoria a lista dos 4 verbos que forman parte do predicado nominal.


viernes, 26 de abril de 2013

Recoñecemento do núcleo do predicado

Nesta tarefa deberás indicar cal é o núcleo do predicado. Lembra que sempre será o verbo da oración. Non te esquezas de picar na pestana de "comprobar" antes de pasar á seguinte oración.

jueves, 25 de abril de 2013

O núcleo do suxeito

Lembra que o núcleo do suxeito sempre será un substantivo ou un pronome persoal. Neste exercicio deberás recoñecer o núcleo do suxeito das seguintes oracións.

miércoles, 24 de abril de 2013

Recoñecemento do predicado

Neste exercicio deberás sinalar o predicado das oracións. Lembra que hai que preguntar que fai o suxeito.
Así por exemplo, nesta oración:

Meu irmán pescou moitos peixes.

A pregunta que faremos para descubrir o predicado será: Que fixo meu irmán? A resposta será o predicado da oración, neste caso, "pescou moitos peixes".

martes, 23 de abril de 2013

Recoñecemento do suxeito

Dende hoxe e durante varios días consecutivos ireiche colgando unha serie de actividades para practicar algúns dos contidos referentes ao suxeito e ao predicado das oracións. É importante que cada día fagas un, e non estaría mal que repasases tamén os anteriores, sobre todo se cometes erros.
 
Neste primeiro exercicio non te esquezas de que antes de pasar á seguinte ficha deberás picar na pestana "comprobar" para ver se a resposta seleccionada é correcta ou incorrecta.