martes, 30 de abril de 2013

Oracións con predicado verbal e nominal

Se te lembras dos 4 verbos que formaban parte do predicado nominal este exercicio serache moi doado.

lunes, 29 de abril de 2013

Predicado verbal e predicado nominal

Neste exercicio deberás distinguir o predicado verbal do predicado nominal. É moi sinxelo, soamente terás que fixarte no verbo.
Se o verbo é un destes: ser, estar, parecer ou semellar; entón o predicado será nominal (no 90% dos casos).
Se é outro verbo diferente aos 4 de arriba, será predicado verbal.
Aquí van dous exemplos:
- Victorino é un alumno brillante. Aquí o predicado sería nominal porque é procede do verbo ser.
- Victorino traballa moito na casa. Aquí o predicado xa será verbal, porque o verbo non é nin ser, estar, parecer, nin semellar.

Obrigatorio: Aprenderse de memoria a lista dos 4 verbos que forman parte do predicado nominal.


viernes, 26 de abril de 2013

Recoñecemento do núcleo do predicado

Nesta tarefa deberás indicar cal é o núcleo do predicado. Lembra que sempre será o verbo da oración. Non te esquezas de picar na pestana de "comprobar" antes de pasar á seguinte oración.

jueves, 25 de abril de 2013

O núcleo do suxeito

Lembra que o núcleo do suxeito sempre será un substantivo ou un pronome persoal. Neste exercicio deberás recoñecer o núcleo do suxeito das seguintes oracións.

miércoles, 24 de abril de 2013

Recoñecemento do predicado

Neste exercicio deberás sinalar o predicado das oracións. Lembra que hai que preguntar que fai o suxeito.
Así por exemplo, nesta oración:

Meu irmán pescou moitos peixes.

A pregunta que faremos para descubrir o predicado será: Que fixo meu irmán? A resposta será o predicado da oración, neste caso, "pescou moitos peixes".

martes, 23 de abril de 2013

Recoñecemento do suxeito

Dende hoxe e durante varios días consecutivos ireiche colgando unha serie de actividades para practicar algúns dos contidos referentes ao suxeito e ao predicado das oracións. É importante que cada día fagas un, e non estaría mal que repasases tamén os anteriores, sobre todo se cometes erros.
 
Neste primeiro exercicio non te esquezas de que antes de pasar á seguinte ficha deberás picar na pestana "comprobar" para ver se a resposta seleccionada é correcta ou incorrecta.

martes, 12 de marzo de 2013

Vocabulario. Partes dunha embarcación.


Aquí tes as principais partes dunha embarcación. Pica na fotografía para vela en tamaño grande. Repasa ben este vocabulario porque caerá no exame. Se dalgunha palabra non sabes o seu significado, búscaa no dicionario e anota no caderno a definición.

lunes, 4 de marzo de 2013

Repaso. Palabras con b.


Repasa todas as fichas deste enlace para aprender que palabras se escriben con b.

viernes, 22 de febrero de 2013

Ortografía. Palabras con ce, ci.



Traballo obrigatorio
  • Escribir no caderno todas as palabras da ficha 2 e rodear as sílabas ce, ci. Coma sempre, pica na fotografía para ir ao enlace de internet.
  • Resolver as fichas 3, 4, 5, 6 e 7.
Se o desexas, podes consultar o resto das fichas e facer algunha máis.

miércoles, 20 de febrero de 2013

Expresión. Poema "Galicia" de Manuel María.


Traballo obrigatorio
  • Aprender de memoria e recitar as dúas primeiras estrofas.
  • Resolver as cuestións plantexadas ata a páxina 16. Pica aquí para poder abrir o arquivo.
  • Escribe no caderno 4 substantivos que aparezan no poema.

miércoles, 6 de febrero de 2013

Expresión. Frases feitas e expresións galegas.


Aquí tes gran cantidade de expresións galegas. Bótalle un vistazo a algunhas delas intentando resolver os exercicios que aparecen. Pica na fotografía.

Traballo obrigatorio
  • Anota no teu caderno 10 expresións que che resultasen graciosas ou ben que che gustasen moito. Ao lado deberás escribir o seu significado.

martes, 5 de febrero de 2013

Comprensión. Animais mariños.


Traballo para realizar (OBRIGATORIO)
  • Facer a lectura das seguintes fichas de animais e resolver as súas fichas correspondentes. Pica na fotografía e aparecerache o enlace á páxina de internet.
- As gaivotas (fichas 2 e 3)
- As medusas (fichas 13 e 14)
- A nécora (fichas 16 e 17)
- A centola (fichas 21 e 22)
 
Se o desexas podes facer voluntariamente as outras fichas para aprender algunha cousa máis sobre os animais do mar.