Se te lembras dos 4 verbos que formaban parte do predicado nominal este exercicio serache moi doado.
MELLORANDO O GALEGO
Blogue personalizado con recursos en galego.
martes, 30 de abril de 2013
Oracións con predicado verbal e nominal
lunes, 29 de abril de 2013
Predicado verbal e predicado nominal
Neste exercicio deberás distinguir o predicado verbal do predicado nominal. É moi sinxelo, soamente terás que fixarte no verbo.
Se o verbo é un destes: ser, estar, parecer ou semellar; entón o predicado será nominal (no 90% dos casos).
Se é outro verbo diferente aos 4 de arriba, será predicado verbal.
Aquí van dous exemplos:
- Victorino é un alumno brillante. Aquí o predicado sería nominal porque é procede do verbo ser.
- Victorino traballa moito na casa. Aquí o predicado xa será verbal, porque o verbo non é nin ser, estar, parecer, nin semellar.
Obrigatorio: Aprenderse de memoria a lista dos 4 verbos que forman parte do predicado nominal.

viernes, 26 de abril de 2013
Recoñecemento do núcleo do predicado
Nesta tarefa deberás indicar cal é o núcleo do predicado. Lembra que sempre será o verbo da oración. Non te esquezas de picar na pestana de "comprobar" antes de pasar á seguinte oración.
jueves, 25 de abril de 2013
O núcleo do suxeito
Lembra que o núcleo do suxeito sempre será un substantivo ou un pronome persoal. Neste exercicio deberás recoñecer o núcleo do suxeito das seguintes oracións.
miércoles, 24 de abril de 2013
Recoñecemento do predicado
Neste exercicio deberás sinalar o predicado das oracións. Lembra que hai que preguntar que fai o suxeito.
Así por exemplo, nesta oración:
Meu irmán pescou moitos peixes.
A pregunta que faremos para descubrir o predicado será: Que fixo meu irmán? A resposta será o predicado da oración, neste caso, "pescou moitos peixes".

martes, 23 de abril de 2013
Recoñecemento do suxeito
Dende hoxe e durante varios días consecutivos ireiche colgando unha serie de actividades para practicar algúns dos contidos referentes ao suxeito e ao predicado das oracións. É importante que cada día fagas un, e non estaría mal que repasases tamén os anteriores, sobre todo se cometes erros.
Neste primeiro exercicio non te esquezas de que antes de pasar á seguinte ficha deberás picar na pestana "comprobar" para ver se a resposta seleccionada é correcta ou incorrecta.
martes, 12 de marzo de 2013
Vocabulario. Partes dunha embarcación.
Aquí tes as principais partes dunha embarcación. Pica na fotografía para vela en tamaño grande. Repasa ben este vocabulario porque caerá no exame. Se dalgunha palabra non sabes o seu significado, búscaa no dicionario e anota no caderno a definición.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)